,Cultura e creatividade no aula
Desde o Obradoiro Penumbra, presentamos unha proposta formativa pensada para enriquecer a experiencia educativa en centros, bibliotecas e espazos culturais. A través de talleres que combinan arte, ciencia e humanidades, fomentamos o desenvolvemento creativo, crítico e sensorial do alumnado.
Estes monográficos buscan ir máis alá do convencional, promovendo unha aprendizaxe significativa que contribúe ao crecemento persoal e académico mediante a expresión artística.
⏱️ Duración: adaptable segundo o grupo e a actividade
🏫 Lugar: centros educativos, bibliotecas, asociacións ou espazos elixidos
🧑🧑🧒🧒 Prazas: limitadas segundo capacidade
📲 Consulta máis información no dossier e reserva praza nos contactos da web.
Descobre a creatividade a través da encadernación
Aprende a crear encadernacións únicas e personalizadas, desde cadernos e álbums ata pezas máis experimentais. Durante o curso descubrirás diferentes estilos, materiais e procesos para dar forma ás túas propias creacións, paso a paso e co apoio do Obradoiro.
Non precisas experiencia previa, só ganas de aprender e crear coas túas mans.
⏱️ Duración: variable segundo o proxecto (a partir de 6 horas)
📍 Lugar: no Obradoiro Penumbra ou no espazo que prefiras
👥 Prazas: limitadas
📚 Inclúe todos os materiais e ferramentas
📲 Solicita información e reserva praza nos contactos da web.
Crea o teu propio caderno artesanal ou aprende a técnica do pintado de papel
Nos nosos mográficos de encadernación aprenderás a deseñar e realizar o teu propio caderno ou despregable coas técnicas que máis che gusten: estrutura cruzada, belga, xaponesa, copta ou despregable, e mesmo a personalizalos con técnicas como pintura á auga ou marmoleado.
Explorarás paso a paso os segredos da encadernación artesanal para darlle forma a unha peza única feita por ti.
⏱️ Duración: variable segundo a técnica (a partir de 3 horas)
📍 Lugar: no ObradoiroPenumbra ou no espazo que elixas.
👥 Prazas: limitadas
📚 Inclúe todos os materiais e ferramentas
📲 Solicita información e reserva praza nos contactos da web.
Descobre o mundo da encadernación artística nun ambiente exclusivo e próximo
Se che gusta o mundo da encadernación, do traballo coas mans, da creación artística, convidámoste a experimentar o teu talento desde cero e ao teu ritmo, vivindo unha experiencia única e personalizada. Nas nosas clases, explorarás técnicas sofisticadas sen precisar coñecementos previos para, pouco a pouco, adquirir confianza, dominio e liberdade para crear pezas únicas, coidadas e cheas de personalidade.
Traballarás nun Obradoiro totalmente equipado, con todos os materiais e ferramentas á túa disposición, nun grupo reducido e cunha atención próxima que respecta o teu ritmo e potencia a túa creatividade.
Formato: clases semanais en grupos reducidos para unha atención próxima e personalizada
Lugar: Obradoiro Penumbra de Encadernación Artística, espazo especializado de creación e inspiración
Inclúe: ferramentas completas para que só te centres en crear, o material decídelo ti.
Prazas: limitadas para garantir o mellor acompañamento
Reserva a túa praza e dá o primeiro paso para facer da encadernación a túa nova forma de expresión.
Horarios e prezos nos contactos da web.