⚪ O libro, tanto conceptual como materialmente, é sen dúbida un logro único, unha ferramenta determinante entre o pasado e o futuro.
⚪ No Obradoiro Penumbra entendemos a importancia de reivindicar esa ponte invisible tendida e concibimos a encadernación como elemento esencial na conservación da identidade, da lingua e do patrimonio documental que fala de nós.
⚪ Por iso, cada libro é unha obra viva na que conflúen materia, técnica, historia e liberdade creativa para explorar novas estéticas e crear pezas únicas nas que o contido dialoga co tempo.
⚪ Queremos encadernacións con alma: obras que emocionen tanto como a nós nos apaixona darlles forma.